A Xián, un mozo sacerdote, encárganlle coidar do marqués de Ulloa, don Pedro, e mais das súas propiedades.
Porén, axiña descubrirá que, naquela casa, Primitivo, o criado, ten máis poder que o mesmo marqués,
por mor das súas intimidacións e ameazas.
Xián intenta administrar a casa e convencer o marqués de que se centre nas súas obrigas:
controlar as súas terras e encontrar unha esposa, para así ter un herdeiro.
Pero Primitivo non renunciará tan doadamente ao poder...
Os pazos de Ulloa retrata a vida rural da Galicia do século XIX.
É unha historia onde a avaricia leva ao engano,
á traizón, e á morte.
Colección: Ágora
Autora: Emilia Pardo Bazán
Adaptadora: Clàudia Sabater Baudet
Ilustracións: Dani Soms
Idioma: Galego
Ano de edición: 2019
Páxinas: 128
Formato: 16 x 22 cm
Tapa: rústica
ISBN: 978-84-120425-5-9